*
Se non fragua,
naufraga.
Na súa aura enxaulase,
como nunha gaiola
de porcelana.
*
*
Testas sumerxidas en mares cor cristal,
química como maxia.
A mágoa é agochar a bágoa
nesa remota ánfora
chamada ialma.
A máis peso,
menos paz.
Tragas sen auga
a cápsula
que che estende a man.
Non é Neo nin Morfeo,
non é Matrix: é maxín.
Se só eu vexo o prezo
que che impoñen a dedo,
crecerame o nariz.
Falcatruadas feitas
por facianas con barniz.
E, que ves ti?
Cos ollos agochados nun cego iris.
Que ves, di.
Máis ca títeres buscando o matiz
nun eterno ceo gris.
*
No hay comentarios:
Publicar un comentario